Algunhas das nosas persoas usuarias tiñan gañas de voltar a Santiago a visitar a Catedral.
Dito e feito!
E qué mellor data para facelo posible que na semana da celebración máis grande de Galiza.
¡Había un ambientazo!
Tomamos algo pola contorna, visitamos a Catedral e incluso puidemos acceder a abrazar ó Apóstol grazas á axuda de voluntarios que agardaban na fila precisamente para prestar axuda a aqueles colectivos ou persoas particulares que o precisaran.
Que nun día tan concurrido poidésemos acadar tanto mereceu moito a pena!
Esperamos voltar o próximo ano!
5