Colaboración Rumbioa Viva

Como ben sabedes, dende o Centro de Día de Abadín estamos afeitos a elaborar tocados, disfraces e toda clase de decoracións. Tan sabido é, que ata se fixo chegar esta información á asociación de veciños que organiza o Rumboia Viva en Abadín.

Así que en canto nos propuxeron colaborar facendo unhas decoracións para o festival, vímonos encantados de poder aportar o noso gran de area.

Aquí vos deixamos unhas imaxes das elaboracións do decorado e do acto de entrega que se levou a cabo no Concello.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.