Durante os meses de inicio do ano tivemos a oportunidade de compartir có CAPM de Ribadeo un intercambio de cartas no que comezamos a coñecernos. Compartimos gustos, intereses, o noso día a día… E lemos con gran interese as cousas que nos tiñan que contar dende Ribadeo.
Así, chegado o mes de xullo, decidimos achegarnos ata alí e facerlles unha visita, aproveitando así para poñernos cara.
Viaxamos coa idea de ir á praia de Ribadeo e despois ao centro de día, pero tivemos que cambiar os nosos plans e tomar un café antes da comida de presentación.
En calquera caso, desfrutamos moito do día e aquí vos deixamos algunhas imaxes para que o poidades comprobar!
0