Durante a semana do 27/5/2024-31/05/2024, celebrouse no centro de día de Ferrol-Caranza a festa dos maios, unha tradición moi popular na cidade ferrolá. Con esta festividade anunciase o esplendor das flores coa chegada da primavera e a despedida do inverno. De orixe incerto celebrase dende tempos moi remotos en moitos lugares de Galicia.
As persoas usuarias que o desexaron, participaron no deseño e na elaborcaión dunha alfombra floral, con flores que trouxeron dos seus fogares para facer este adorno máis especial.
Para concluir a celebración o venres 31 de xullo, as persoas usuarias que o desexaron realizaron unha foto de recordo xunto a alfombra e para rematar pola tarde música, baile e unha merenda especial.
A festa dos maios coa elaboración da alfombra floral é unha actividade extraordinaria significativa para moitas persoas usuarias, xa que moitas delas celebraron esta festa durante toda a súa vida.