Visita as compañeiras do centro de día de Pobra do Brollón

Levamos dende maio agardando a volver pasar unha xornada de convivencia coas compañeiras e compañeiros de a Pobra do Brollón. Este pasado mércores, 17 de xullo, viaxamos as terras guímaras para aprender e ensinar moito e pasalo moi ben.

Comenzamos con apertas entre persoas xa coñecidas e desfrutamos de coñecer xente nova. Logo fixemos unha actividade de coñecemento do concello de Chantada e do de A Pobra do Brollón a través dunha dinámica de verdadeiro/falso, aprendinos cousas tan interesantes como porque se fala da Guimaralia ou en que consisten os Folións de Chantada. Aproveitamos a ocasión para felicitar e tres cumpleañeras, Chelo, Ofelia e Lucia, algunhas delas rétannos a chegar aos 86 como elas.

Logo degustamos un xantar en compaña, con empanada da Pobra e sobremesa típica de Chantada.

Como vai ser costume, tamén intercambiamos uns agasallos. Recibimos con moito cariño un fermoso floreiro de hortensias feito de cestería e nos agasallamos un bolsiña de tea chea de lavanda do noso xardín.

Dende logo, estamos desexando volver a xuntarnos.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.