SAÍDA O LOCAL SOCIAL DE SAA

O mércores, 26 de xuño, o centro de día da Pobra do Brollón estivo pechado unhas horas porque persoas usuarias e traballadoras fixemos unha pequena saída para pasar o día e xantar no local social de Saa, unha aldea do concello, situada a 5 km do centro.

Había previsión de choiva, pero finalmente quedou un día precioso que nos permitiu facer unha pequena ruada e comer fóra. Levamos empanada e ensalada e tamén fixemos unha pequena chourizada. Logo veu unha estupenda e marabillosa sobremesa todos xuntos á sombra, desfrutando do entorno.

O centro de día forma parte activa da vida comunitaria do pobo e os veciños de Saa, ademais de deixarnos facer uso das instalacións, encargáronse de que tiveramos todo o preciso para poder desfrutar da xornada e convidáronnos a repetir a visita.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.