Picnic e chapuzón nas piscinas do Cádavo

Un grupo de persoas usuarias do CAPM de Baleira desprazáronse ata as piscinas do Cádavo, para pasar alí o día. As piscinas están moi preto do centro, polo que foron camiñando e dando un paseo.

Alí, estiveron xogando a diferentes xogos de mesa como o dominó ou as cartas, e outros/as, optaron por probar a auga e pegarse un chapuzón; ata a hora de xantar.

Desfrutaron moito e tiveron un día diferente, lúdico e soleado.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.