Que mellor día para inaugurar a tempada de terraza que o 24 de xuño, este ano imos algo tarde con tanta auga.
Primeiro fixemos unha fogueira e mentres viamos como se ía consumindo o lume, estivemos de conversa, lembrando tradicións e costumes de San Xoán. Algunhas persoas quixeron desfacerse de algo botándoo a fogueira e outras animáronse a saltar a fogueira.
E o momento máis agardado chegou: picoteo na terraza e inicio da tempada de poder facer vida por fora.
O picoteo tivo tal éxito que se repetirá os últimos venres de mes… ou cando o corpo nolo pida.
2