Saída á sesión vermú de Santa Isabel do concello de San Sadurniño

03 DE XULLO 2024

Este ano, tras varios sen se celebrar, San Sadurniño recuperaba as súas festas patronais. O 2 de xullo celebrouse no concello a festividade local do día de Santa Isabel. As festas abranguían dende o 2 ata o 3 de xullo. As mesmas celebrábanse os días oficiais, polo que coincidían por semana. Dende o centro aproveitouse a ocasión desta situación para programar unha saída e poder acudir a sesión vermú que se celebrara o mércores.

A festa realizábase preto do centro polo que acudimos andando, como se dunha romaría se tratase, todos xuntos parolando e contando anécdotas. Recordando e anelando aquelas veces de antano na que eles mesmos, como cativos e adolescentes, unha vez rematadas as labores da casa, se xuntaban para ir ás festas.

Dita saída foi moi agradecida polas persoas usuarias que asistiron e polas familias, algunhas das cales, tras invitalas a acudir con nós, animáronse a acompañar aos seus familiares e gozar todos xuntos desta celebración.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.