Comenzamos a celebración da benvida do verán co San Xoán, intentando conservar e reter no posible a maior parte do noso legado inmaterial, falando sobre as herbas de san Xoan, as cacharelas e recollendo para facer os ramos de San Xoan. Tamén queixemos desfrutar de días de paseo acompañado dun café favorece o exercicio físico e achéganos á realidade cotiá da nosa contorna, converténdose nunha oportunidade para tecer relacións nun contexto diferente e onde somos quen de decidir e manexar sobre a nosa autonomía. Para rematar, gozamos dunha actividade musical grazas a Banda de Música de Chantada, a música é unha parte esencial no noso quefacer diario, polo que argallar actividades musicais no centro proporciónanos importantes beneficios tanto a nivel cognitivo, psicomotriz como socioafectivo.
3