O San Xoán é unha celebración con moito arraigo nas persoas maiores do Centro de Día de Sada, unha festa que celebramos todos os anos dende xa fai moito tempo.
Este ano continuamos coa tradición e o pasado venres desfrutamos dun día de lecer e festa. Pola mañá lavamos a cara coa auga de San Xoán, chea de flores que apañamos na contorna do centro e deixamos no exterior durante a noite anterior.
Logo, fixemos unha cacharela e queimamos á “meiga”, boneco que realizaron as persoas maiores do centro.
E xa pola tarde tivemos o pracer de contar cun grupo de música tradicional que nos brindou unha fantástica actuación, na que puidemos cantar e bailar todo o que quixemos.
Foi un gran día de festa que desfrutamos todas e todos xuntos.