Por mor do Día dos Avós dende o Centro de Día de Begonte levouse a cabo o VI Xantar Campestre Familiar, no cal se reuniron un total de 64 persoas, entre persoas usuarias, familias, persoal (inclusive persoal de transporte) e pandereteiras.
Neste día, convidouse as familias a xantar e merendar xunto os seus seres queridos para compartir un espazo co centro e potenciar a relación entre todos e todas, a través dun espazo de alegría e desfrute. A tarde estivo repleta de baile e cantos a cargo das pandereteiras de Guitiriz “Na Casa Zoqueiro“, as cales lle deron protagonismo as nosas persoas usuarias permitindo que fosen as voces cantantes!! Esta tarde chea de alegría, ilusión e diversión rematou cunha merenda conxunta entre todos e todas creando un espazo de diálogo e relación entre as diferentes persoas.
19