Día das persoas refuxiadas

O 20 de xuño ten lugar o día mundial das persoas refuxiadas. Para conmemorar esta data tan significativa, no centro de día de Cospeito contamos coa colaboración de ACCEM para que unha familia de persoas refuxiadas, procedentes de Venezuela, acudira ao centro e lle contara a súa experiencia ás persoas usuarias.

Blanca, Jesús e Aída fixéronnos ver outra realidade, e axudáronnos a decatarnos de que non debemos dar nada por sentado, xa que a nosa situación pode cambiar drasticamente dun momento para outro, e non sempre para mellor. Así mesmo, tamén nos amosaron o verdadeiro significado da palabra resiliencia, posto que a pesar de todo o que viviron, sobrepuxéronse á súa situación e saíron adiante.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que ambas partes quedamos moi contentas con esta dinámica.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.