O CAPM de Baleira revive o pasado romano no Arde Lucus

O xoves día 13 de xuño tivemos a oportunidade de visitar o Arde Lucus, en Lugo.

O Arde Lucus é una festa que se celebra na cidade amurallada a mediados do mes de xuño, co obxectivo de rememorar a súa fundación a través da recreación do seu pasado castrexo e romano. Naceu no ano 2001 e foi declarada Fiesta de Interés Turístico Nacional no ano 2017.

Antes da visita, os usuarios e usuarias da residencia e centro de día realizaron un taller de creación de coroas de laurel, para poder caracterizarse para tal evento.

Comezamos o día adentrándonos dentro do recinto amurallado, onde se atopaban algúns dos campamentos romanos e castrexos que pertencen diferentes grupos e asociacións. Visitamos un deles por dentro, onde puidemos ver proteccións como armaduras e cascos, unha catapulta e outras armas persoais como espadas, escudos ou jabalinas.

A mediodía, fixemos unha parada para xantar e tomar un café. Despois seguimos dando un paseo por o casco antigo e rematamos a xornada tomando un rico xeado

O día anterior a esta saída, como todos os días 12 de mes, hai feira no pobo e temos a visita da Furgoteca. E como non, saímos a visitala para poder leer e ver as novidades que traía. Despois, quedamos a xantar o polbo na feira, que tanto nos gusta.

12
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.