TRENZAMOS DEREITOS: SOMOS, ESTAMOS, CONTAMOS DENDE RIBADEO

RENZAMOS DEREITOS: SOMOS, ESTAMOS, CONTAMOS

A Asamblea Xeral da ONU, designou o 15 de xuño como Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e o Maltrato na Vellez.

O venres 14 de xuño, O CAPM “A Concordia” de Ribadeo, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, organizou en colaboración co Concello, un entrelazado de persoas para concienciar sobre o valor da dignidade das persoas maiores e rachar cas barreiras discriminatorias idadistas:

As persoas, cos anos non caducan…e os seus dereitos tampouco

Un tecido de persoas que, partiu dunsillón de descanso do CAPM de Ribadeo e debía rematar nun sillón de descanso, colocado no centro das 4 calles desde primeira hora da mañá,.

Ao longo do percorrido, cartaces cas principais demandas das persoas maiores:

– ESCÓITAME: Sinto o frío da soidade, voume borrando, pérdese a miña voz entre tanto ruido. Non permitas que as sombras me aprisionen e me faga invisible e inaudible

– INVOLÚCRAME: Quero coidados que non me anulen. Non me etiquetes como persoa pasiva, improductiva, eferma ou incapaz. Teño valores engadidos, experiencias e circunstancias superadas

RESPÉCTAME: Na miña historia de vida, quédame moito por facer, e non é menos importante que o que levo vivido.

Non son inferior. O meu valor como persoa, non está en rebaixas.

COMPRÉNDEME: En toda circunstancia, cando unha suma de euros se volve unha montaña inabarcable, cando o presente se esvaece efervescente, como un suspiro, e cando ausente, non atopo a saída.

Hai días varados, non encontro a dirección nin rumbo e necesito que collas o timón e me acompañes facéndome sentir importante.

Quixemos poñer o foco sobre múltiples situacións de abuso e

maltrato; desde o descuido e o abandono ata a infantilización ou o ingreso en institucións en contra da súa vontade.

Eleximos compartir esta xornada formando unha malla de persoas e simbolizar a sucesión de axudas imprescindible para que a DIGNIDADE se faga viral .

Un día grande no que as forzas do entusiasmo non conseguiron unir os dous cabos e debuxar esa liña clara, de seguridade plural.

As persoas participantes non chegaron a unirse, pero persistirán. O ano que ven, seremos máis porque:

O atardecer da vida non pode ser recortado.

O Centro de Día “A Concordia” é referente na atención ás persoas maiores en todos os niveis…non importa o forte que o mundo empurre en contra, o equipo de profesionais e persoas usuarias atopará a forma de empurrar de volta.

Un centro que respira sorrisos contra as bágoas e orden e calma contra o caos.

No manifesto ao que deron lectura Carmen Lastra e Rosa Santar, recordáronnos que levan toda a vida contribuíndo a tecer as nosas historias, que puxeron xenerosamente os seus fíos de alento, palabras e tempo e pedíronnos reciprocidade…

que non deixemos de poñer os nosos fíos nesta rede.

Hoxe, as persoas maiores, deixaron claro que non se van a conformar cun picoteo, que na VIDA queren levar o prato ben rebañado.

SON, ESTÁN E CONTAN

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.