“No salón das Cereixas” dende o centro de Ribadeo

As actividades interxeracionais son vitais na programación do centro:

os espazos nos que as persoas maiores e as persoas mozas comparten, constrúen e socializan independentemente das súas capacidades, idade e/ou outras características son a mellor forma de intervención transversal.

Preparamos co profesorado de 5º de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo un tema de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre: “No Salón das Cereixas”.

Para fortalecer os conceptos de accesibilidade e plena inclusión ademais de cantar signamos o retrouso

Un pleno en participación e cooperación total.

O broche: un adorno de cereixas elaborado polas persoas usuarias nas semanas previas.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.