O pasado 12 de Xuño, por mor do fin de curso escolar e despedida achegáronse sobre 20 nenos/as do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte xunto con tres profesores/as ao noso centro de día ( de 2º e 3º de primaria). A proposta que trouxeron foron dous bailes de diferentes temáticas: os máis pequenos atrevéronse con Mary Poppins e os de 3º de primaria fixeron un baile personalizado para tratar o tema do autismo. Nós ofrecémoslles unha cantiga popular adaptada para eles con baile incluído onde participamos todos e todas. Para finalizar esta xuntanza tan fermosa houbo agasallos artesanais feitos con moita ilusión (carteiras con feltro e flores a gancho).
24