A música é unha boa ferramenta para reconectar corpo e alma, e que mellor maneira que acompañada dun bo baile.
O pasado 25 de maio celebrouse en Ares unha nova edición da Feria Rociera Solidaria e, para celebralo, o grupo Azahar de Ares, trouxo un anaco de Sevilla hasta o noso centro o mércores día 29 de maio. Unha hora chea de baile e de música sevillana, que finalizamos por todo o alto cantando entre todas as persoas usuarias e integrantes do grupo unha canción coñecida por todas, a “Salve Rociera”. Nesa hora, tocamos as palmas ao ritmo da música, bailamos e cantamos.
Para terminar, as persoas usuarias do Centro entregáronlle un agasallo artesanal realizado por elas para agradecer tan fermosos bailes.
2