O mes das flores dende o centro de día de Toén

Maio é o mes das flores e no o CAPM de Toén quixemos festexalo realizando diversas actividades relacionadas ca temática das flores.

Aproveitando o concurso da Festa da Flores do CAPM de Arteixo realizamos diversas actividades de laborterapia e manipulativas para a elaboración de complementos elaborados con flores e prantas. As persoas usuarias e persoal colaboraron durante varios días na elaboración destes complementos. Entre os complementos deseñados e realizados podemos destacar un bolso elaborado con palmeira, diadema, broche e pendentes de flores ou un abano de fentos. Estes complementos os puideron lucir algunhas das persoas usuarias e persoal.

Tamén aproveitando o concurso de alfombras organizado polo CAPM de Ponteareas, e seguindo ca tradición, elaboramos unha alfombra floral. Para elo contamos ca colaboración das familias, persoas usuarias e persoal. Durante a semana do 27 de maio realizáronse diversas actividades manipulativas para a elaboración desta alfombra.

Todas estas actividades resultaron moi positivas e enriquecedoras para as persoas usuarias e persoal coas que se rachou ca rutina diaria e se acadou un ambiente lúdico e distendido no centro.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.