Parque de educación viaria dende o centro de día de Ferrol Caranza

A Semana da Seguridade Vial en Ferrol, celebrose do 13 ao 19 de maio, co obxectivo de que a poboación amplíe os coñecementos sobre a seguridade vial e así intentar reducir o número de víctimas en accidentes de tráfico.

O Concello de Ferrol e a Policía Local traballaron xuntos para intentar, dentro das súas competencias e responsabilidades, reducir o número de falecidos e as consecuencias dos accidentes de tráfico.

Na programación, houbo diversas actividades formativas e preventivas entre elas destacan: o parque de educación viaria para nenos, o “ROAD SHOW”, o concurso de ideas para a seguridade viaria de Ferrol, a III carreira solidaria pola seguridade viaria de Ferrol e a III marcha ciclista pola seguridade viaria de Ferrol.

As persoas usuarias do centro de día Ferrol-Caranza que o desexaron, participaron no parque de educación viaria para maiores instalado no aparcamento do centro de día. Con esta actividade ampliaron o seu coñecemento sobre normas e sinais de tráfico.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.