DÍA DAS FAMILIAS CÓ CEIP AQUILINO IGLESIAS ALVARIÑO DENDE O CENTRO DE DÍA DE ABADÍN

Dende o Centro de Día de Abadín tivemos a oportunidade de participar do día das familias có CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín.

Contando con distintas estacións centradas en xogos populares ou manualidades, estivemos realizando actividades coas familias e os nenos do colexio e poñendo a proba as nosas destrezas.

Tamén participamos dun karaoke que contaba cunha coreografía organizada pola lectora, Sara, do CEIP que viña directa dende Estados Unidos!

A continuación deixámosvos unhas imaxes do ben que o pasamos facendo as distintas actividades propostas polo colexio.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.