Paliqueocho EU! Dende o centro de día de Sada

Paliqueocho EU! Dende o centro de día de Sada

Dende o colexio CEE. María Mariño propuxéronos participar, un ano máis, no proxecto interxeneracional e inclusivo Paliqueocho EU. A actividade pon en valor a nosa lingua , motivando a nenos e nenas a falar e sentir a lingua galega como propia.

É de gran importancia a participación das persoas maiores no proxecto, reforzando o apego a lingua a través da fala. Por iso dende o Centro de día de Sada, realizamos varias sesións de gravacións. Aquí vos deixamos unha pequena mostra, agardamos que vos guste…



O broche final deste proxecto é unha invitación á romaría popular no Colexio CEE. María Mariño o 16 de maio.
Dende o centro de día de Sada enviamos o agradecemento o alumnado e profesorado do ditado centro educativo e vos manteremos o tanto do que aconteza nesa festa, CONTINUARÁ…

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.