Arteixo é mar, coidemos do noso

A principios de abril convidáronnos dende Inditex a realizar un Maio para expoñer no comedor de Zara Loxística en Arteixo. O traballo foi diario durante aproximadamente 3 semanas, cunha gran involucración por parte das persoas usuarias e tamén do persoal do centro. O diseño do vestido realizouse nun día para a posterior fabricación. Ideamos o traxe reciclando diferentes materiais que utilizamos no noso día a día, reinvindicando a importancia de coidar as nosas praias arteixás e presevar a nosa identidade como pobo. Este maio está feito por persoas dunha idade comprendida entre 80 e 100 anos que pretenden sensibilizarnos para coidar da súa vila a través da mensaxe; daquilo que xa non queremos podemos crear algo fermoso.

Neste caso, para a confección do vestido usamos argolas de latas de bebidas, oveiras, redes de pesca e 1 nasa.

Fixesmos o corpiño coas argolas e as flores da falda con oveiras pintadas. Uníronse as flores coas argolas con gancho para crear o broche e o tocado, que se acompañou dunha rede de pesca. Remata o deseño cun pano para o pescozo, feito tamén cunha rede de pesca e o bolso para o que reciclamos 1 nasa.

Ademáis o día 9 visitamos as instalacións de Zara Loxística e os Maios expostos onde participaron outras 3 asociacións.

Disto xurdiu unha nova idea, como os Maios son unha festa moi importante aquí en Arteixo debido a relevancia textil da comunidade, decidimos propoñer un concurso sobre os Maios dirixido a nosa rede de centros onde as persoas usuarias creasen algún complemento.

Esperemos que a proposta teña éxito e haxa unha alta participación. Agradamos poder trasladar os resultados nunha próxima publicación.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.