Día do libro dende o centro de día de As Pontes
No centro de día de As Pontes, quixemos festexar o Día do Libro cunha visita á biblioteca do pobo. Alí mergullámonos entre as diferentes obras e estilos literarios, elixindo cada un o seu de preferencia para desfrutar dun ratiño de agradable lectura. Un dos libros foi o elixido para levárnolo ó centro en préstamo e así poder compartir a súa lectura. O bo tempo permitiunos facer o camiño a pé, polo que tamén gozamos dun primaveral paseo polo pobo.
8