Día do libro no centro de día de Cospeito

Para conmemorar unha data tan importante como é o día do libro, persoas usuarias do centro de día de Cospeito achegámonos ao colexio CPI Virxe do Monte para facer unha sesión de contacontos co alumnado de educación infantil.

Lémoslles o conto “O paraugas de cebra”, facendo unha representación con debuxos a medida que avanzaba a historia.

Coma sempre, resultou unha actividade moi gratificante e ben acollida, na que os máis pequenos e os maiores desfrutaron da compañía e a aprendizaxe mutua.

E como nos contaron… TODOS TEMOS UN SITO BAIO O PARAUGAS DE CEBRA!

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.