O pasado venres 12 de Abril dende o Centro de Día de Begonte retomouse a “Escola de Coidadores”, un proxecto en colaboración co Concello de Begonte e dirixido tanto as familias das persoas usuarias do centro como a toda a comunidade, especialmente os coidadores/as de persoas maiores e/ou dependentes, co obxectivo de abarcar e asesora en diferentes aspectos relaonados co proceso de envellecemento e mellorar e manter a calidade da vida tanto da persoa familiar, como da propia persoa maior.
Esta sesión xirou en torno a nutrición na terceira idade e foi dirixida pola nutricionista – dietista Sara Fernández Couso (especialista en nutrición clínica). A nutricionista comezou cunha breve explicación de aspectos básicos da nutrición: características dunha alimentación saudable, vitaminas máis importantes e como incrementar o seu consumo, cantidades apropiadas de certos alimentos, tipos de dietas e as súas características e restricións, problemas de deglución e alternativas, etc.. Ademais, a nutricionista ao longo da sesión foi expoñendo falsas crenzas e mitos da nutrición, así como pautas adecuadas e consellos para mellorar a mesma, sempre aclarando que hai que atender as necesidades particulares de cada persoa. Tamén dedicou un espazo para tratar a interacción entre a alimentación e os fármacos. Finalmente, tanto ao longo da sesión como nunha quenda de preguntas final, foi resolvendo as dúbidas das persoas asistentes, caracterizándose a sesión por unha interacción entre a profesional e as persoas asistentes.
12