Aprendizaxe solidaria dende o centro de día de Begonte

O proxecto de aprendizaxe solidaria nace coa finalidade de promover a aprendizaxe continuada ó longo do ciclo vital, impulsar a colaboración social e a integración na comunidade. Con estas sesións, contribúese a que o Centro se abra á comunidade para que teña lugar un intercambio xeracional de saberes e coñecementos.

Sesión 31 de Aprendizaxe Solidaria a cargo de Marcos Codesal, con experiencia teatral. Realiza unha sesión de humor imitando diferentes voces e xestos de diferentes personaxes famosos: políticos, cantantes, actores, debuxos animados…e acentos de diferentes países. Foi unha sesión explosiva de risas, xestualidade e humor interaccionando na adiviña das diferentes personaxes.

Como troco solidario recibiu un agasallo artesanal feito polas persoas usuarias ademais dun recital de cantigas populares. A despedida de Marcos foi moi emotiva e agarimosa o que encandilou as persoas usuarias.

20
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.