Maio dende o centro de día de Ferrol Esteiro

Maio dende o centro de día de Ferrol Esteiro

Dende o Centro de Día de Ferrol – Esteiro, damos a benvida a esta nosa primavera galega, coa realización dun maio floral a través do cal festexamos a entrada nesta época fértil da terra, a chegada do bo tempo, afastando todo o malo e con desexos de ledicia para os que nos rodean.

Coa colaboración de usuarios e familias, obtivemos: xesta, retama, tulla, flores variadas e froitos, e elaboramos de forma manual e creativa o noso propio maio. Todo isto acompañado de música e rimas tradicionais da época.

E queremos compartir con todos os vos, a famosa e fermosa poesía de Manuel Curros Enríquez, que aínda que lembra os tempos duros da pobreza en Galicia, tamén pode facernos sentir a tradición dos maios galegos en todas as vosas casas.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.