OS ANOS ACHEGAN…AOS LIBROS DENDE O CENTRO DE DÍA DE RIBADEO

Os anos chegan aos libros… dende o centro de día de Ribadeo.

En xaneiro comezou a organización deste enriquecedor proxecto: vestiario, decorados, agasallos, cancións… Todo creacións artesanais, un traballo conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga cas persoas usuarias do CAPM A Concordia de Ribadeo. 

Co paso das xornadas configurouse  un verdadeiro equipo.

En abril, a posta de escea: o teatro, os aplausos, as cancións e os bailes encheron o CAPM de Ribadeo. 

A esta divertida teatralización asistiron algunhas das familias do programa “Educando en Familia”, crianzas do Colexio Sagrado Corazón de Jesús, do CEIP Gregorio Sanz, da Escola Infantil Sta María do Campo, da Escola Infantil Tangram e do Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño.

Organizada polo CIFP Porta de Auga, o Centro de Día “A Concordia ” e o Concello de Ribadeo; esta actividade busca o acercamento entre crianzas e persoas maiores, así como espertar o interese pola lectura tendo en conta que Abril é o mes dos libros. ( o día 2 é o Día do Libro Infantil e o 23 a celebración do Día do Libro).

Eleximos o conto “Por catro esquiniñas de nada” de Jerôme Ruiliier, por ser un relato de amizade, diversidade e inclusión. 

Entre contos e cantos dímoslle a importancia que merecen as  comunidades inclusivas: entre todas e todos podemos conseguir que as portas sexan accesibles para todas as persoas. Precisamos un mundo no que podamos xogar, divertirnos, aprender e desfrutar independentemente das nosas características.

200 persoas grandes e pequenas interactuaron nesta actividade cos libros, a Lingua, a Diversidade e a Cooperación como elementos centrais.

A xira de Cadradiña e Redondiñ@s continúa, o 24 de Maio actuamos nas Letriñas no Campo…co ARTE como MOTOR!

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.