Cachibol: CAPM Dodro-CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón

O martes 30 de abril desenvolvemos unha sesión de actividade física compartida coa rapazada do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Sofía, Carmen, Carmucha, Madalena, Tino e Tomás configuraron os equipos e suaron a camiseta xunto co alumnado de quinto de primaria. Un quecemento previo, o xogo do inquilino e un partidiño de cachibol para rematar co director de orquestra. Unha xornada entrañable que agardamos repetir tan pronto como sexa posible.

Moitas grazas!

7
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.