Visita o centro de día de Chantada dende o centro de día de Pobra do Brollón

O 24 de abril, respondendo a convidación feita polo centro de día de Chantada, fomos de excursión a visitar os/as compañeiros/as e coñecer o centro.

Fixemos numerosas actividades nas que intercambiamos experiencias, gustos, habilidades e historias varias, que despertaron grande interese, curiosidade e moitas risas, creando un ambiente moi distendido e cheo de harmonía.

Logo desfrutamos dun xantar conxunto e unha sobremesa de conversas, na que nos fixemos intercambio duns agasallos feitos nos talleres de manualidades, o tempo que trasladamos a invitación para un próximo encontro, desta vez por terras guímaras.

A xornada rematou con unha visita polas distintas estancias do centro e un…”vémonos pronto”

10
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.