FERIA DE ABRIL NO CENTRO DE DÍA DE SADA

O pasado día 26 de abril celebramos no Centro de día de Sada a nosa particular Feira de Abril. Coincidindo coa famosa festa celebrada en Andalucía e tendo no noso centro unha persoa de orixe andaluz, invitamos a un grupo de baile da Casa de Andalucía de A Coruña a celebrar esta festa.

Achegáronse catro bailadoras coa vestimenta típica de traxe de flamenca e obsequiáronnos con varias pezas de baile rexional. Persoas usuarias e traballadoras do centro engalanaron a sala con adornos festivos elaborados por elas.

O final da actuación entregáronse uns obsequios as bailadoras coma agradecemento dunha actuación que gustou moito e todo o mundo gozou.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.