Seguridade viaria dende o centro de día de Culleredo

Que interesante e que produtiva foi esta sesión de seguridade viaria da que nos permitiu gozar o corpo da Garda Civil de Oleiros, que de maneira desinteresada preparou unha sesión moi completa e adaptada para as nosas persoas usuarias, na que se tocaron temas a ter en conta como viandantes e os perigos que poden carrexar certas prácticas.

Tendo en conta que todas elas son xa unicamente peóns e non condutores, centraron as súas explicacións a detallar perigos a ter en conta en certas circunstancias e contextos, así como a exemplificar situacións e a brindarnos a oportunidade de resolver calquera tipo de dúbida relacionada. Dende a importancia de non camiñar por beirarrúas pouco alumados, de portar un chaleco reflectíante cando saímos a pasear máis alá da tardiña, pasos a seguir se sufrimos un tropezo ou caída na rúa; como convivir con condutores tanto de coches, camións, autobuses, bicis e motos e incluso monopatíns, etc.

Foron uns contidos moi completos que resultaron moi interesantes e que recibimos con moito gusto. Pensamos que nunca está de máis recordar e volver a traballar asuntos tan importantes como é a seguridade viaria. Moi agradecidas polo trato recibido. Animámosvos a que solicitedes este tipo de servizos que ofrecen as nosas comunidades.

12
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.