A festa maios dende o centro de día Ortigueira

Hai varias teorías para explicar a orixe da festa dos maios. Aos comezos, os maios naceron como un ritual para invocar dos deuses a protección dos produtos sementados na terra. Trátase dun rito agrario, encamiñado a propiciar boas colleitas, un rito para favorecer a fecundidade da terra por medio da arte (maios), a música e a poesía (coplas). Celébrase a despedida do inverno, o florecer das plantas e a chegada dos primeiros froitos.

A dos maios é unha festa pagá, anterior á chegada do cristianismo que como moitas outras foi cristianizada.

A finais do século XIX, como consecuencia dunha nova sociedade baseada cada vez menos no sector primario da economía, comezou a decadencia do mundo rural e perderon forza estas manifestacións estacionais, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo.

Conscentes da riqueza do patrimonio cultural galego e da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural ás vindeiras xeracións (coa seguridade de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade) dende o CAPM de Ortigueira propuxemos a celebración da Festa Interxeracional dos Maios en Ortigueira como actividade sociocultural e de intervención na comunidade, cun marcado carácter interxeneracional que axude a manter a cultura galega viva podendo gozar dela todas e todos nós.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.