O 13 deste mes de Febreiro, para conmemorar o Día Mundial da Radio levamos a cabo unha visita á radio local, Radio Estrada.
Ao longo da mañá, diferentes traballadores amosáronnos as instalacións onde gravan os programas da Radio e conversaron coas persoas usuarias sobre os inicios da mesma e sobre os tipos de programas que emiten.
Foi unha mañá moi bonita, frutífera e entretida, onde todas as persoas usuarias quedaron moi agradecidas por ter a oportunidade de realizar esta visita, pois ningunha delas tivera nunca a ocasión de poder ver unha emisora de radio dende dentro.
Despois desta visita, repuxemos forzas desfrutando dun rico café con leite e dun pequeno petisco nun bar do pobo.
Aquí vos deixamos unhas fotos desta mañá tan enriquecedora.
0