Entroido no centro de día de Cospeito

Por votación popular, este ano as persoas usuarias do centro de día de Cospeito decidiron festexar o entroido como membros de orquestra! Tivemos a honra de desfrutar das actuacións das orquestras “Poceiros de Cospeito” e “Viva Cospeito”, que o deron todo para que o pasáramos xenial. Realizaron dúas actuacións estelares, unha na tarde do día 14 para as súas familias, e outra na mañá do 15 para o alumnado de 3º e 4º de EP do colexio CPI Virxe do Monte de Cospeito. Foi un éxito rotundo!

Ademais, na semana previa, do 5 ao 9 de febreiro cumprimos rigorosamente cos Mandados do Meco, que nos indicou que o luns debíamos traer pinzas na roupa, o martes traer sombreiro ou gorra, o mércores mandil ou garavata, o xoves traer algo pintado na cara e o venres os calcetíns por enriba das perneiras do pantalón. E foi tamén o venres, así vestidos, como subimos ata o colexio para desfrutar do seu desfile de entroido e asistir á queima do Meco.

En resumo, podemos dicir que o entroido deste ano quedou moi ben celebrado! Imos apuntando ideas para o do ano que ven.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.