Encontro interxeneracional entre CEIP Begonte e o noso centro

Neste mes de febreiro na honra ao Entroido leváronse a cabo dous encontros interxeracionnais.

O primeiro deles, foi o 6 de febreiro cos nenos e nenas de Educando en Familia (13 en total cos seus pais/nais). Viñeron disfrazados de cociñeiros de servizo de cátering e cantaron diferentes cancións con apoio de libros e a profesora. A visita caracterizouse pola interacción entre as persoas usuarias e os nenos e nenas. O remate da sesión dámoslles unha bombonera artesanal chea de doces para que leven de recordo do centro. Para a maioría das persoas maiores a visita dos nenos e nenas foi un estimulo moi forte, chegando a emocionarse nalgunha ocasión.

O segundo encontro foi o dia seguinte, cos nenos e nenas do C.E.I.P. Virxe do Corpiño de Begonte. Asistiron 14 nenos e nenas dos últimos cursos da educación primaria a expoñer diversos contos creados por eles e elas mesmas, para amosar a súa habilidade, creatividade e orixinalidade. Ademais, realizaron un pequeno taller de manualidades no que elaboraron, pintaron e cortaron man a man coas persoas usuarias do centro unhas máscaras para cada un deles e delas, fomentando deste xeito a colaboración interxeracional e o traballo en equipo ao longo da vida.

Finalmente, fíxose entrega dun agasallo artersanal realizado polas persoas usuarias con material reciclado (moedeiros feitos con fieltro, botóns de segunda man, automáticos, etc.) a cada un dos nenos e nenas, así como as profesoras, as que ademais se lles entregou unha bomboneira con distintos doces no interior realizada manualmente polas persoas usuarias a través do gancho con bolsas e botellas de plástico.

12
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.