Día Internacional das Persoas Maiores dende o centro de día de Abadín

O pasado día 2 de Outubro celebramos no centro de Abadín o Día Internacional das Persoas Maiores. Como é un día tan importante para nós dicimos compartilo co alumnado e profesores do CEIP de Abadín, Aquilino Iglesias Alvariño, cunha actividade interxeracional. Así, durante a mañá, puidemos desfrutar da actuación do Mago Pei, en colaboración co concello de Abadín e contando coa presencia das autoridades locais.

Despois dun xantar especial e para rematar o día, desfrutamos dun baile, amenizado polas profesionais do centro en compañía das familias das persoas usuarias.

Que ben o pasamos poñendo reinvicando o rol das persoas maiores!!!!!!!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.