O 13 de Setembro é o día Internacional do Chocolate, e para celebrar este día, dende o CAPM Cuntis levamos a cabo unha sobremesa moi rica e sinxela, onde o ingrediente principal foi, como non, O CHOCOLATE.
Previamente conversamos a cantas das persoas usuarias lles gustaba este ingrediente, chegando todas a unha resposta afirmativa unánime pero resaltando que non se debería tomar todos os días, para ter unha alimentación saudable.
A elaboración elixida foron bombóns de chocolate con améndoas.
Para a súa realización necesitamos:
– 2 tabletas de chocolate negro para fundir.
– 2 tabletas de chocolate con leite.
– 4 paquetes de améndoa picada.
Primeiramente, derretemos todo o chocolate e engadimos as améndoas picadas. Coa axuda de culleres, fixemos montonciños da mestura anterior enriba de papel de forno para que non se peguen e metémolos na neveira ata que o chocolate endureza.
Desfrutaron moito realizando e degustando a sobremesa elaborada!!
Aquí vos deixamos unha fotos.
