SAIDAS E DIVERSIÓN NO CAPM DE ABADIN

Aproveitando o bo tempo, o pasado martes 18 de Xullo decidimos desfrutar dunha mañá soleada na área recreativa da Roxica, en Gontán. Unha vez alí, dimos un paseo polo borde do río, fixemos ximnasia nos aparellos do concello e ata nos columpiamos e tirámonos por unha tirolina. Pasámolo xenial.

Non cabe dúbida de que repetiremos cando o tempo o permita.

O mércores 26 de xullo fomos pasar un día de praia durante a mañá, dando un paseo pola mesma e visitando a área recreativa da Fontela. O día acompañou neste inusual verán que nos tocou para poder pasear tranquilamente pola beira da praia, mollar os pés na auga quente e sentarse tendo unhas vistas inmellorables ao mar da mariña lucense.

Ao remate aproveitamos o xantar para compartilo coas persoas usuarias e o persoal do CAPM de Ribadeo, nunha xornada de convivencia.

Pasámolo tan ben que sen dúbida organizaremos outra xuntanza!!! Grazas por recibirnos compañeiros!!!

E para rematar, como bos galegos, o luns 24 de Xullo, celebramos un baile para festexar o patrón de Galicia, o día de Santiago Apostol. Como non podía ser doutro xeito puxémos as nosas mellores galas para asistir ao mesmo. Despois de bailar toda a mañá fixemos un descansos para tomar un aperitivo e así e celebrar a sesión vermú que se prolongou ata a primeira hora da tarde.

Agardamos poder repetir o ano que ven!!!!!!!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.