Día Internacional das Mulleres Rurais dende o centro de día de Abadín
O día 15 de Outubro conmemórase o Día Internacional das Mulleres Rurais. O concello de Abadín propúxonos participar nunha montaxe fotográfica coas persoas usuarias de xénero feminino que acoden ao centro e nós aproveitamos para facer unha sesión fotográfica ambientada e de época, co fin de reivindicar o rol de muller rural na sociedade e resaltar a importancia das mulleres na nosa comunidade.
Aproveitando a ambientación para a realización destas fotografías tamén decidimos participar no Concurso de Fotografía Histórico de 1900 do CAPM de Arteixo, gañando o premio á mellor fotografía ambientada.
Queremos amosarvos as nosas montaxes fotográficas porque desfrutamos moito facendo de modelos de época!!!!

