No CAPM Abadín realizamos diversas accións e actividades dentro do proxecto de fomento da lectura, “O Pracer de Ler”, creado hai tres anos e a través do cal promocionamos e promovemos que as persoas usuarias do noso Centro teñan acceso a libros de escritura, linguaxe e ilustracións adaptadas que faciliten a comprensión dos mesmos. Para iso contamos con unha pequena bliblioteca propia e unha iniciativa de prestamo de libros adaptados de lectura fácil.
Una das accións deste mes foi a realización dunha saída o 21 de Abril, vísperas do Día Internacional do Libro, á Biblioteca Municipal do concello de Vilalba, onde fomos recibidas pola blibiotecaria, Iria, e autoridades do Concello e onde desfrutamos dunha visita guiada polas instalacións. Aproveitando o salón de actos fixemos unha lectura do libro: “Baixo o mesmo ceo” de Nuria Martí Constans, que nos prestaron na propia biblioteca municipal no seu recuncho de lectura fácil.
Que mellor forma de celebrar o Día do Libro!!!
Para despedirnos, a parte da boa acollida e mellor visita, a biliotecaria agasallounos cunha bolsa de tea e dous libros para cada persoa participante.
E como non, como xa é tradición no centro, rematamos a saída tomando un delicioso aperitivo nun mítico local da zona.
#lecturas adaptadas e inclusivas!!!
#cultura sen idade!!!
0