CONCURSO SANT JORDI

No CAPM Abadín puxemos en marcha hai xa tres anos un proxecto propio para fomentar a lectura entre as persoas usuarias denominado“ O Pracer de Ler”, onde a través do préstamo de libros, tanto no centro como para o fogar, facilitamos o acceso a cultura e fomentamos hábitos e actividades que promocionan o mantemento e mellora das áreas cognitivas e emocioanais.

Para iso, contamos cunha pequena biblioteca composta por libros de lectura fácil adaptados cunha escritura con letra grande, linguaxe sinxelo e ilustracións explicativas que favorecen a comprensión.

A raíz da creación do proxecto, no ano 2022 participamos nun concurso proposto por unha asociación de lectura fácil catalana -“associaciaolecturafacil”- ao abrigo da mítica e tan vinculada os libros celebración do Sant Jordi en Cataluña, o cal gañamos recibindo como premio un lote de libros de lectura fácil que fixeron medrar o noso proxecto.

Este ano, novamente, a associaciaolecturafacil convocou un novo concurso para celebrar o Sant Jordi, e novamente, o CAPM Abadín participou coa subida de dúas montaxes fotográficas a rede social Instagram, onde se poden observar as distintas accións que levamos dentro do proxecto durante o ano, ademáis de recomendar dous libros adaptados a lectura fácil: “Enma” e “Drácula”, acompañadas dos hashtag “#lecturas adaptadas e inclusivas e #cultura sin edad!”

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.