O mércores 12 de Abril acudimos ao Mercado da Estrada que se leva a cabo todos os mércores de mes e a pesar de non ser o mercado do noso pobo, poder realizar este tipo de actividades no exterior, axúdanos a saír un pouco da organización das tarefas diarias do CAPM.
As saídas aos mercados son unha boa oportunidade para que as persoas se relacionen entre eles nun ambiente máis distendido e de ocio, teñan novas experiencias e manteñan o contacto co seu entorno.
Dende unha visión terapéutica aportan beneficios a nivel físico, psicolóxico e social.
Aquí vos deixamos unhas fotos!
