VISITA VIRTUAL DENDE O CAMP DE ARTEIXO

Visitamos o Museo en Movemento, que é un proxecto cultural destinado a colectivos de diversidade. A través dunhas gafas de realidade virtual, fixemos un recorrido polo museo de Belas Artes da Coruña, incluído a sala de recepción, restauración, catalogación e as diferentes salas do propio museo. Ademais recibimos unha explicación durante o recorrido que ten unha duración total de 20 minutos, desfrutamos de diferentes obras agradables e extraordinarias. Foi unha gran experiencia para nós poder achegarnos a comunidade a través das novas tecnoloxías, xa que algúns de nos aínda non tiñamos probado nunca estas gafas. Pero como o refrán di: nunca te deitarás sen aprender unha cousas mais.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.