O centro de día de Ferrol-Caranza, recibiu o pasado domingo 16 de abril de 2023 o premio de “Ilustrado do Ano” polo traballo realizado na promoción da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, coa realización de diversas actividades entre as que é preciso destacar a elaboración de barquiños de papel e a confección de vestimenta “ilustrada” polas persoas usuarias como capas, bolsos e luvas para o III Festival Ilustardo de Ferrol.
O 16 de abril ás 12:00 horas, dentro da programación do Festival Ilustrado ten lugar o acto de nomeamento de “Ilustrados del ano”. Este ano os recoñecementos foron para a rondalla “ SÓ ELAS”, a asociación de Veciños de Caranza e para o centro de día de Ferrol-Caranza, pola súa implicación e colaboración na candidatura de ‘Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración” a Patrimonio Mundial de la UNESCO.