Participación no III Festival Ilustrado de Ferrol”

A fin de semana do 15 e 16 de abril o Concello de Ferrol celebrou o III Festival Ilustrado, con un extenso programa de actividades para todas as idades. Con esta celebración a cidade, retrocedeu ata o Século das Luces. O programa deste ano incluiu degustacións, visitas guiadas, pasarrúas,
presentación de libros e o acto de nomeamento de ilustrados do ano.


O luns 17 de abril realizouse unha saída no city-tren, tren turístico de Ferrol, ata a Praza de Amboaxe para ver o pasarrúas ilustrado dos escolares e participar no festival coas prendas elaboradas polas usuarias. Ademais na praza, as usuarias que o desexaron tiveron unha sesión de
peiteado e maquillaxe ilustrado a cargo dos alumnos do CIFP Ricardo Carvallo Calero.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.