CAPM CAMBADOS: SAÍMOS AO PASEO MARÍTIMO

A primavera é unha das épocas con mellores condicións meteorolóxicas e con temperaturas máis moderadas para poder saír ata o paseo.

En ocasións, nas situacións de dependencia acúsase o illamento das persoas. O deterioro de capacidades físicas, a presenza de barreiras arquitectónicas, a sobrecarga das persoas coidadoras ou as patoloxías presentes, entre outras, son algúns dos factores que deterioran a participación das persoas maiores en espazos públicos e no exterior.

Por iso, no CAPM de Cambados aproveitamos a situación priviliexada do centro, preto da natureza e da tranquilidade que aporta o paseo marítimo para saír, conversar coa veciñanza e desfrutar dun momento de desconexión e relaxación.

A continuación amosámosvos unhas imaxes!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.