TORNEIROS DE XERMADE NO CENTRO DE DÍA DE BEGONTE

O proxecto de aprendizaxe solidaria nace coa finalidade de promover a aprendizaxe continuada ó longo do ciclo vital, impulsar a colaboración social e a integración na comunidade. Con estas sesións, contribúese a que o Centro se abra á comunidade para que teña lugar un intercambio xeracional de saberes e coñecementos.

Sesión 28 de Aprendizaxe Solidaria a cargo de catro torneiros da Asociación amigos da madeira de as Pontes (Pepe, Alfonso, Ángel e Lolo). Entre eles tivemos o pracer de contar con Lolo Castro que recibiu un premio de artesanía pola súa traxectoria de máis de 55 anos neste oficio. Está considerado como un dos mellores torneiros de madeira de Europa. Fixeron unha demostración en directo do uso do torno e a creación de buxainas de madeira xunto a outros enseres. Ensinaron tamén pezas de madeira creadas por eles como tapas tixolas, pratos polbo… Déronlles a cada participante unha buxaina de agasallo e doaron ao centro varios libros de imaxes antigas da súa zona e pezas creadas por eles.

Como troco solidario pola nosa parte recibiron tamén agasallos artesanais elaborados polas persoas usuarias.

16
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.