LECTURAS POLO DÍA DO LIBRO NO CD COSPEITO

Nesta semana conmemoramos o día do libro no centro de día de Cospeito con dúas actividades en colaboración co CPI Virxe do Monte.

Por unha banda, un grupo de persoas usuarias voluntarias subiron a realizar unha sesión de contacontos para o alumnado de educación infantil, na cal lles leron “O libro de contar”. Os máis pequenos escoitaron atentamente mentres os nosos maiores lles contaban esta historia tan divertida na cal repasaron os números ata o 12.

Así mesmo, outro día baixou ata o centro de día o alumnado de 6º de educación primaria para unha sesión de lectura colaborativa coas nosas persoas usuarias. Posto que no día do libro é tradición agasallar cunha flor, as persoas usuarias elaboraron flores con papel para darllas ao alumnado como agradecemento pola súa visita.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.